TERRA DE MAREAS
Terra de Mareas do Nordés
DO Rías Baixas
Son Francisco Méndez, representante de Terra de Mareas, somos unha adega familiar moi pequena situada no corazón do Salnés e dedicámonos a facer albariño, mencía, caíño e loureiro, estas últimas tres variedades son tintas e estámonos decantando por elas polas propiedades que teñen nesta contorna e clima característicos. Son a terceira xeración e comencei a dedicarme a este sector por paixón.
Partimos dun viñedo familiar e aos poucos fomos medrando ata producir o 100% da uva que elaboramos. Convidámosvos a visitarnos e que probedes os nosos viños tintos que son singulares e teñen moi boa aceptación no mercado.
TERRA DE MAREAS
Viño elaborado con uva 100% albariño.
Fase visual: Moi limpo e brillante, de cor amarela limón con reflexos verdosos.
Fase olfactiva: De boa intensidade aromática e moi varietal. Boas notas a froita —melón, mazá verde, néspera— que predominan sobre sutís aromas dunha lixeira crianza sobre lías.
Fase gustativa: O seu paso por boca é moi agradable, persistente. Nel destaca a súa boa acidez ben integrada, o que lle confire unha adecuada frescura natural.
Harmonía: Harmoniza con todos os mariscos e pescados galegos.
Lugar As Covas, 5
36968 · Meaño
Pontevedra