Elixiches esta experiencia...
Terra de Mareas

TERRA DE MAREAS

Terra de Mareas do Nordés
DO Rías Baixas

Viño elaborado 100% coa variedade albariño.

Añada 2021.

Moi limpo e brillante, de cor amarela limón con reflexos verdosos.

De boa intensidade aromática e moi varietal. Boas notas a froita —melón, mazá verde, néspera— que predominan sobre sutís aromas dunha lixeira crianza sobre lías.

O seu paso por boca é moi agradable, persistente. Nel destaca a súa boa acidez ben integrada, o que lle confire unha adecuada frescura natural.

Terra de Mareas do Nordés é unha pequena adega familiar fundada no 2017, situada no concello de Meaño, en pleno corazón do Salnés, e inscrita na DO Rías Baixas, onde elaboran artesanalmente os seus viños. Cunha superficie total de viñedos propios de 14.500 metros cadrados na que cultivan Albariño —buque insignia das Rías Baixas—, Mencía, Loureiro tinto e Caíño tinto, variedades ancestrais que se perderon e que nestes intres se atopan en proceso de recuperación, sendo estas tres últimas producións moi exclusivas e limitadas. Todos os seus viñedos están en forma de parra. A idade dos viñedos é de 35 a 40 anos. Están situados a uns 50 metros sobre o nivel do mar, o que lles atribúe a súa típica salinidade, acidez e as características propiedades organolépticas propias da subzona na que se atopan. Terra de Mareas saca o maior proveito ás variedades coas que traballa, leva a cabo un minucioso labor de campo de forma manual e uns estritos controis á hora do procesamento e elaboración dos seus viños. Ademais, conta coa prestixiosa axuda do enólogo Pablo Estévez Meléndez, recoñecido como un dos mellores enólogos de España.

Ponlles cara

Francisco Méndez

Atópanos

Enderezo

Lugar As Covas, 5
36968 · Meaño
Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

699 692 345

Correo Electrónico
terrademareasdonordes@gmail.com

Queres estar á última das experiencias calidade?