PILAR ALONSO

Son Pilar Alonso fundadora de Xacobleas, a nosa intención é recuperar e revalorizar a oblea de trigo, seguindo a receita e o procedemento que facían as monxas no convento, esto é artesanalmente e sen engadir azucre, lecitinas nin aceites.
Esta idea xurdiu por casualidade, alá polo ano 2013, entereime de que unhas monxas precisaban man de obra para elaborar as formas de comunión.
A curiosidade levoume a traballar con elas, e pouco a pouco fun aprendendo todos os procesos necesarios para elaborar finas e crocantes obleas de trigo. A receita clásica engadíalle coco, canela e xenxibre, cacao ou café e así comprobei que era posible facelas de sabores.
Esta idea foise convertindo en proxecto e no ano 2018 vendéronse as primeiras Xacobleas, obleas en forma de cuncha de vieira con relevos relacionados co Camiño de Santiago.
Nun primeiro momento foi un produto demandado especialmente por panaderías e restaurantes para facer postres típicos como almendrados ou turróns, pero tamén platos salgados como empanadillas ou base de canapés.
Por suposto todo elaborado a man, de unha en unha, co agarimo e práctica de quen disfruta co seu traballo e valora o resultado final e a calidade do produto por encima de todo.
 

Xacobleas
OS MEUS PRODUTOS

As obleas son un tipo de galleta fina e crujiente, moi popular na gastronomía española. 

En Xacobleas innovamos na súa forma, (son as únicas obleas do mundo con forma de concha de vieira ) e, ademáis da estética, coidamos sobre todo la selección de ingredientes, todos naturáis e sin azúcre.
Grazas os seus relevos relacionados co Camiño de Santiago engadímoslle personalidade o cal se converteu nun referente para peregrinos e turistas. 

 

Xacobleas
O MEU OBRADOR

Elabóranse con unha masa lixeira e cocíñanse ata que quedan doradas e crujientes.
Anque traballamos un produto que parte de unha receita tradicional e utiliza dous ingredientes tan básicos como a fariña de trigo e a auga, en Xacobleas non deixamos de innovar, tanto en sabores como en texturas e presentación.
O resultado é un produto que unifica tradición e innovación. Unhas obleas deliciosas, crujientes, saludables e naturais, pero tamén divertidas, elegantes e sorprendentes.
As obleas son moi versátiles e pódense servir soas, como snack ou acompañar outros postres, como xeados ou cremas.
 

Atópanos

Enderezo

Bretoña, 14
36692 Barro - Pontevedra

Coordenadas
42.5055874, -8.6660812

Queres estar á última das experiencias calidade?