SOFÍA
ABOAMIGALLA
En Aboamigalla entendemos o pan como unha unión entre tradición, técnica e emoción. Cada fornada nace dun proceso artesanal coidado ao detalle, no que respectamos os tempos naturais da masa mediante longas fermentacións e cocción en forno de leña. Traballamos con fariñas de calidade e técnicas tradicionais propias do Pan de Cea e do Pan Galego, buscando non só un sabor auténtico, senón tamén unha textura, aroma e conservación excepcionais.