ABOAMIGALLA

SOFÍA

Son Sofía e xunto con Carlos  formamos Aboamigalla, unha panadaría artesanal situada en San Cristovo de Cea, en Ourense, onde traballamos cada día para manter viva a tradición do auténtico Pan de Cea. Para nós, facer pan non é só un oficio, senón unha maneira de entender a vida, respectando o pasado e apostando ao mesmo tempo pola innovación e a sustentabilidade.
Elaboramos o pan seguindo métodos tradicionais, con fermentación lenta e cocción en forno de pedra con leña, tal e como se fixo durante xeracións. Empregamos materias primas de calidade e fariñas tradicionais galegas, porque cremos que o sabor auténtico nace do respecto polos ingredientes e polos tempos naturais da elaboración.
Formamos parte da IXP Pan de Cea e tamén da IXP Pan Galego, o que garante a autenticidade e a calidade dos nosos produtos. 
En Aboamigalla tamén nos preocupamos polo medio ambiente. Procuramos reducir o desperdicio alimentario e aproveitar ao máximo os recursos, incluso reutilizando a calor dos fornos para facer o noso traballo máis eficiente e sostible.
O noso obxectivo é combinar “o bo de onte co mellor de hoxe”. Queremos que cada pan transmita a historia, o esforzo e o cariño que poñemos no noso traballo diario. Para nós, cada fornada é unha maneira de conservar a identidade gastronómica de Galicia e compartila con todas as persoas que nos visitan ou proban os nosos produtos.

ABOAMIGALLA
O NOSO OBRADOIRO

O obradoiro Aboamigalla especialízase na elaboración artesanal de Pan de Cea e Pan Galego mediante procesos tradicionais e control técnico da produción. Traballan con masa nai, fermentacións longas e cocción en forno de pedra con leña de carballo e bidueiro, o que permite obter pans con gran desenvolvemento aromático, codia crocante e alta conservación natural.
O proceso produtivo supera as sete horas e cumpre cos estándares da IXP Pan de Cea e da IXP Pan Galego, garantindo autenticidade e trazabilidade. Ademais, o obradoiro incorpora medidas de sustentabilidade, como a recuperación da calor residual dos fornos para optimizar o consumo enerxético, combinando tradición panadeira e innovación técnica.

ABOAMIGALLA
OS NOSOS PRODUTOS

Elaboramos  pan certificado baixo a IXP Pan de Cea e a IXP Pan Galego, empregando procesos tradicionais de longa fermentación, masa nai e cocido en forno de pedra e leña.

Pan de Cea en dous formatos de produtos: Peza ou "Poia" (1 a 1,2 kg) e Molete (0,5 a 0,6 kg).

Pan Galego  elaborado de maneira 100 % artesanal, con masa nai integral de trigo Caaveiro e de cultivo propio, superior ao 20 %. Proceso natural de longa fermentación. Cocido en forno de leña e pedra. En varios tamaños 250g, 500g e 1000g.

Tamén elaboramos produtos de repostería e panadería.

Atópanos

Enderezo

Polígono Municipal San Cristovo de Cea, PA1
32130 San Cristovo de Cea
Ourense


Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp