Coñecemento da vida adquirido polas circunstancias ou situacións vividas, cando estas experiencias van acompañadas dunha boa mesa, dise que son EXPERIENCIAS DE CALIDADE
Celme, a nosa adega nace no ano 2016 na D.O. Ribeiro na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño). Os nosos viños contan con certificación ecolóxica e son o resultado dun traballo moi minucioso, utilizando exclusivamente castes autóctonas para elaborar viños especiais e únicos.
Máis que un viñedo...Altos de Torona é o maior viñedo das Rías Baixas dunha soa peza, con 94 hectáreas de enorme biodiversidade orientadas ao sur na saia do Monte Galeno, en Tomiño-O Rosal.