A despensa d´Lujo
A despensa d´Lujo
La Despensa D Lujo®, S.L., fundada no ano 2022, conta con tres centros de traballo situados en Carballo e Erbecedo, no concello de Coristanco (A Coruña). A actividade principal desenvólvese nas explotacións agrarias propias, que suman 18 hectáreas de cultivo, onde se practica a rotación de cultivos. Nas leiras cultívanse pataca, grelo, faba, millo, guisante e outras producións agrícolas, adaptadas ao territorio. Aínda que a constitución da empresa é recente, o proxecto baséase nunha tradición agraria familiar herdada de pais e avós, vinculada ao rural galego.