Produtos
de sempre
DOP Cebreiro
CONSELLO REGULADOR
Avda. de Castela, nº 18 - baixo
27670 Pedrafita do Cebreiro
Lugo
982 367 012
info [at] cebreiro.es (info[at]cebreiro[dot]es)
DOP Cebreiro
O queixo Cebreiro é un queixo fresco de pasta branca, branda e granulosa, elaborado con leite de vaca, totalmente natural, sen conservantes nin aditivos.
Materias primas
O queixo amparado pola denominación de orixe protexida Cebreiro elaborado con leite procedente de gando vacún das razas rubia galega, parda alpina e frisoa ou os seus cruzamentos entre si.
Características do produto
Queixo con forma de cogomelo ou de gorro de cociñeiro, cunha base cilíndrica de diámetro variable e cun sombreiro lixeiramente máis ancho. O seu contido en materia graxa está comprendido entre un 45 e un 60%.
O Cebreiro fresco non presenta codia diferenciada e a súa pasta é branca, granulosa, branda, arxilosa ao tacto, untuosa, fundente ao padal e de sabor lácteo lixeiramente ácido.
O Cebreiro curado ten a codia pouco diferenciada e a súa cor pode ir de amarela a amarela intensa, e pode presentar mofo dependendo da fase de maduración. A súa pasta de cor marfil pode chegar á amarela; cunha consistencia entre manteigosa, firme e ás veces dura dependendo do grao de maduración.
Sabor lácteo chegando a ser metálico e picante.
Comercialízase en fresco e curado, este último cunha maduración mínima de 45 días.