Merca Experiencias de Calidade

DOP Queixo Tetilla

O Queixo Tetilla é o máis coñecido dos queixos galegos. O seu gusto suave e textura agradable convencerá, como xa vén facendo, todos aqueles que se acheguen ao que é unha das propostas máis orixinais e deliciosas do sector lácteo galego.


Materias primas

O leite que se utilice para a elaboración dos queixos da DOP Queixo Tetilla será un produto natural íntegro, procedente da muxidura de vacas das razas rubia galega, frisoa ou pardo alpina, ou dos seus cruzamentos entre si, pertencentes a explotacións saneadas inscritas nos rexistros da denominación de orixe. A alimentación do gando baséase fundamentalmente nos pastos e forraxes da área de produción.

O leite non debe conter costros nin conservantes, e deberá cumprir os requisitos establecidos pola lexislación vixente. Non se permite ningún procedemento de estandarización ou manipulación que cambie a súa composición inicial.

Características do produto

Queixo de forma cónica, cóncava-convexa, con dimensións nas que a altura ten que ser superior ao raio da base e inferior ou igual ao seu diámetro, cunha lixeira mamila no seu vértice.

Cor branca-marfil, amarelada.

Codia fina e elástica, amarela e sen mofo.

A pasta é branda, cremosa e uniforme sen presenza de ollos ou con poucos ollos pequenos e repartidos.

Aroma suave, lixeiramente ácido.

Sabor lácteo, manteigoso, algo ácido e salgado suave.

Peso: 0,5 – 1,5 kg

O período de maduración é como mínimo de oito días.

Queres estar á última das experiencias calidade?