Produtos
de sempre
DOP San Simón da Costa
CONSELLO REGULADOR
Praza da Constitución, 13-1º. Apartado 2.
27800 Vilalba
Lugo
982 512 250
info [at] sansimondacosta.com (info[at]sansimondacosta[dot]com)
DOP San Simón da Costa
A lenda atribúe aos pobos celtas asentados na serra dá Cabra e o Xistral a invención deste produto.
A denominación de orixe protexida San Simón da Costa ampara o queixo elaborado con leite procedente de gando vacún das razas rubia galega, pardo-alpina, frisoa e as súas cruces.
O queixo de San Simón da Costa é un produto para degustar a través dos sentidos saboreando o seu exquisito sabor que lembra a noces, plantas e un delicado aroma a fume de lareira conxugado co gusto a leite fresco acabado de muxir.
Unha verdadeira xoia tradicional culinaria á que non poderás resistirte ao materializarse nun queixo de codia afumada con madeira de bidueiro.
Materias primas
https://agacal.xunta.gal/gl/calidade-alimentaria/produtos-galegos-de-calidade-diferenciada/queixos#dop-san-simon-da-costaO leite que se utilice para a elaboración do queixo amparado pola denominación de orixe protexida San Simón da Costa terá que ser leite de vaca natural e enteiro procedente da muxidura de vacas das razas rubia galega, parda alpina e frisoa ou os seus cruzamentos entre si, pertencentes a explotacións saneadas inscritas nos rexistros da denominación de orixe.
O leite non debe conter costros, nin conservantes e prohíbese todo tipo de estandarización ou manipulación que cambie a súa composición inicial.
Características do produto
O queixo de San Simón da Costa está elaborado con leite de gando vacún saneado das razas rubia galega, parda alpina e frisoa. A súa preparación axunta unha receita tradicional coas mellores materias primas. A súa forma intermedia entre buxaina e bala, remata na parte superior nun pico. Codia afumada con madeira de bidueiro, dura e inelástica, de 1 a 3 mm de grosor, de cor amarelo-ocre a algo graxenta. Pasta de textura fina, graxa, semidura, semielástica e densa, de cor entre branca e amarela, suave ao corte, con aroma e sabor característico. Non debe ter moitos ollos e, de habelos, serán de forma redondeada ou irregular, de tamaño variable pero inferior a medio chícharo.
Comercializase en dous formatos, o formato grande, cunha maduración mínima de 45 días e un peso que oscila entre 0,8 e1,5 kg e o formato pequeno ou "bufón" cunha maduración mínima de 30 días e un peso de entre 0,4 e 0,8 kg.