Merca Experiencias de Calidade

IX Augardente de Herbas de Galicia

A particular historia da augardente de herbas debe entenderse en relación a dous fenómenos históricos: o posicionamento dos destilados como remedio medicinal e a tendencia xeneralizada das clases populares a imitar os gustos e costumes das xentes acomodadas.

As primeiras noticias sobre este produto apuntan aos establecementos hospitalarios. Os seus inventarios recollen xa no século XVII a proba da fabricación e uso desta bebida no ámbito farmacéutico feita a base de herbas medicinais.


Materias primas

A Augardente de Herbas de Galicia é unha bebida espirituosa obtida a partir de augardente amparada pola indicación xeográfica Orujo de Galicia, mediante a maceración e/ou destilación do alcohol en presenza das herbas que a caracterizan. Na elaboración da augardente de herbas de Galicia empregaranse un mínimo de tres especies de plantas. Permítese o uso de calquera especie apta para uso alimentario, entre as cales se citan, por seren de uso máis tradicional, as seguintes: menta, macela, herba luísa, romeu, ourego, tomiño, coandro, azar, fiúncho, regalicia, noz moscada e canela.

Características do produto

As características organolépticas son as seguintes:

  • Aspecto: translúcido-limpo
  • Cor: dende amarela pallosa a amarela verdosa
  • Aroma: intenso, fino, delicado, saboroso, amplo, con notas aromáticas florais e con marcado carácter da augardente de bagazo da que procede, complementada coas herbas que a caracterizan. Ausencia de olor a humidade, a queimado ou sucidade.
  • Sabor: persistente, con equilibrio entre o alcohol do destilado e as notas a herbas aromáticas e especias.

Queres estar á última das experiencias calidade?