Produtos
de sempre
IX "Licor de Herbas de Galicia"
CONSELLO REGULADOR
Pazo de Quián, s/n
15881 Sergude – Boqueixón
A Coruña
981 511 566
orujo [at] orujodegalicia.org (orujo[at]orujodegalicia[dot]org)
IX "Licor de Herbas de Galicia"
Galicia, terra de meigas, é o berce dun dos manxares que describen mellor a súa gastronomía, o licor de herbas. Igual que a propia terra galega, este licor garda como ningún a esencia deste territorio por conter as plantas que prosperan nel.
Materias primas
O Licor de Herbas é unha bebida espirituosa obtida a partir da augardente de bagazo amparada pola indicación xeográfica Orujo de Galicia (mínimo un 25% do total de alcohol) e alcohol etílico de orixe agrícola mediante a maceración e/ou destilación do alcohol en presenza das herbas que a caracterizan. Na elaboración do Licor de Herbas de Galicia empregaranse un mínimo de tres especies de plantas. Permítese o uso de calquera especie para uso alimentario entre as que se citan, por ser de uso máis tradicional, as seguintes: menta, macela, herba luísa, romeu, ourego, tomiño, coandro, azar, regalicia, noz moscada, canela ou fiúncho.
Características do produto
As características organolépticas son as seguintes:
- Aspecto: translúcido-limpo
- Cor: dende amarela pallosa a amarela verdosa
- Aroma: intenso, fino, delicado, saboroso, amplo, con notas florais, balsámico, con recordos do augardente de bagazo do que procede, complementado coas herbas que o caracterizan. Ausencia de olores a humidade, queimado ou sucidade.
- Sabor: pode ter distintos graos de dozura que van marcar a intensidade do licor, con amplitude de matices a herbas e notas balsámicas.