Produtos
de sempre
IX "Orujo de Galicia"
CONSELLO REGULADOR
Pazo de Quián, s/n
15881 Sergude – Boqueixón
A Coruña
981 511 566
orujo [at] orujodegalicia.org (orujo[at]orujodegalicia[dot]org)
IX "Orujo de Galicia"
Diferentes culturas e rexións asócianse cunha bebida que se converte nun selo de identidade, nunha marca do propio territorio. Sucede no Caribe co ron, en Escocia co whisky, en Rusia co Vodka, ou en Xapón co Sake. Ligado á Galicia máxica está a augardente, destilado dos ritos ancestrais desta terra de meigas.
Materias primas
A augardente de bagazo amparada pola indicación xeográfica Augardente de Galicia está elaborada a partir de bagazos e lías obtidos a partir de uvas colleitas no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.
As características dos bagazos están estreitamente ligadas aos factores nos que produciu a uva, á viña e ás variedades das que deriva, á tecnoloxía utilizada na extracción do mosto e na fermentación e tamén ao período e a modalidade coa que se conservou a materia prima antes de chegar ao destilador. Os bagazos, unha vez fermentados, están listos para seren destilados.
Características do produto
O “Orujo de Galicia” presenta as seguintes características organolépticas:
- Aspecto: transparente-limpo.
- Cor: incolora
- Aroma: intenso, fino, delicado, con presenza de notas florais e/ou froiteiras, ausencia de olor a humidade, a queimado, ou sucidade.
- Sabor: propio da materia prima da que procede, exento de elementos estraños.
As características organolépticas do “Orujo de Galicia” envellecido son as seguintes:
- Aspecto: translúcido-limpo.
- Cor: ambarina-tostada.
- Aroma: intenso, fino, delicado, pode presentar recordos a vainilla, especias, froitos secos; ausencia de humidade, de sensación a queimado e de sucidade.
- Sabor: lembra á materia prima de orixe, con presenza das características percibidas na fase olfactiva e as do envellecemento natural. Estará exento de elementos estraños.