Produtos
de sempre
IXP Lacón Gallego
CONSELLO REGULADOR
Rúa O Palomar, s/n.
Recinto Feiral
27004 Lugo
881 997 276
info [at] crlacongallego.com (info[at]crlacongallego[dot]com)
IXP Lacón Gallego
Os antecedente históricos que serven de presentación do Lacón Gallego son innumerables.
O lacón forma parte da nosa cultura e dos nosos costumes. O consumo do lacón tivo sempre un grande arraigo en Galicia pola súa doada conservación ao ser un produto curado, ademais de san e cun alto contido proteico.
Materias primas
Para elaborar o produto amparado pola IXP Lacón Gallego utilízanse as extremidades dianteiras do gando porcino. Os porcos deberán ser das razas: celta, large white, landrace, duroc e os seus cruzamentos entre si. Acéptase o cruzamento coas razas branco belga e pietrain, de probada aptitude cárnica, sempre que interveñan nunha proporción inferior ao 25%.
Na alimentación dos animais queda expresamente prohibido o uso de produtos que poidan interferir no seu ritmo normal de crecemento, así como os aceites, fariñas de peixe e os seus derivados, durante a ceba.
Características do produto
As principais características do “Lacón Gallego” son as seguintes:
Peso: entre un mínimo de 3 kg e un máximo de 5,5 kg.
Aspecto externo: limpo e firme. O lacón estará enteiro, conservando a pel e o pezuño, pero sen cascos
Textura: firme ao tacto, sempre en relación ao seu grao de curación
Graxa: untuosidade variable, esbrancuxada, aromática e de sabor agradable
Cor: do rosa ao vermello púrpura
Aspecto ao corte: limpo, brillante, con graxa parcialmente entrefebrada na masa muscular
Aroma: suave e agradable, exento de rancio e olores estraños
Sabor: pouco salgado, con retoques lixeiramente doces, untuoso e con certa intensidade