IXP Ribeiras do Morrazo
Estes viños teñen unha historia detrás, a dunha cultura do viño moi arraigada na sociedade, a dun territorio de gran potencial que se resiste ao abandono dos viñedos e, en definitiva, a do traballo e esforzo de moitos viticultores, adegas e outras entidades do territorio que impulsaron a aprobación dun selo de garantía que ampara e valoriza os seus viños como uns viños singulares, representativos da identidade destas terras e de calidade contrastada.
Materias primas
As variedades de uvas empregadas son:
- Para o branco: albariño, caíño branco, godello, loureira, treixadura, branco lexítimo e torrontés.
- Para o tinto: brancellao, caíño tinto, pedral, espadeiro, loureiro tinto, mencía e sousón.
Características do produto
Os viños son frescos e suaves en boca, limpos, brillantes con aromas francos nos que se aprecian as características propias da materia prima da que proceden, con graduacións alcohólicas moderadas, con aromas florais e de froitas e, finalmente, con boa e equilibrada acidez.
Os viños brancos teñen potente intensidade aromática.
Os viños tintos están ben cubertos en fase visual.