Merca Experiencias de Calidade

IXP Val do Miño-Ourense

Xa no ano 1857 o Boletín Oficial da provincia de Ourense publicaba a organización das grandes feiras agrícolas da cidade de Ourense co obxectivo  de fomentar o comercio e desenvolver o sector agropecuario provincial, coa pretensión de atraer persoas das comarcas veciñas, destacando que o principal produto agrario da cidade e arredores, tanto por extensión como por valor comercial, era o viño.


Materias primas

As variedades de uvas empregadas son: 

  • Para o branco: treixadura, torrontés, godello, albariño, loureira e palomino.
  • Para o tinto: mencía, brancellao, mouratón, sousón, caíño bravo, caíño longo, caíño tinto e garnacha tintorera.

Características do produto

Os viños son frescos e suaves, lixeiramente ácidos e de intensidade media con graduacións alcohólicas moderadas.
Nos viños brancos dominan os aromas e sabores afroitados con lixeiros toques vexetais.
Nos viños tintos destacan as cores brillantes, as froitas vermellas e os toques minerais suaves en boca, con lixeiro final tánico.

Queres estar á última das experiencias calidade?