Merca Experiencias de Calidade

IXP Viño da Terra de Betanzos

O río Mandeo e o seu afluente, o Mendo, labraron durante miles de anos os vales que rodean a cidade de Betanzos, e é precisamente nas ladeiras expostas ao sur destes vales onde se atopa o mellor terruño para as castes autóctonas desta zona.


Materias primas

As variedades de uvas empregadas son: 

  • Variedades brancas: godello, branco lexítimo (albarín blanco), agudelo (chenin blanc) e palomino.
  • Variedades tintas: mencía, brancellao, merenzao, gran negro e garnacha tintureira.

Características do produto

Nos viños brancos dominan aromas a froita e florais, con cores dende amarela dourada pálida a amarela limón, con alto potencial aromático; en boca son lixeiros e frescos con toques ácidos finais.

Nos viños tintos predominan os aromas a froitos do bosque, de capa media, vermella cereixa e reberetes violáceos, estrutura media con paso suave e lixeiramente tánico.

Queres estar á última das experiencias calidade?