IXP Viño da Terra Barbanza e Iria
IXP Viño da Terra Barbanza e Iria
Rosalía de Castro no seu poema "Albariñas uvas" xa facía referencia ao viño da súa terra:
"¡Ouh miña parra de albariñas uvas, que a túa sombra me das! [...]
¡Xa non vos deixo, que as angustias negras lonxe de min se irán!”
Materias primas
As variedades de uvas empregadas son:
- Para o branco: albariño, caíño branco, godello, loureira (loureiro branco ou marqués), treixadura, branco lexítimo (albarín blanco), agudelo (chenin blanc) e torrontés.
- Para o tinto: brancellao, caíño tinto, espadeiro, loureiro tinto, mencía, sousón e merenzao.
Características do produto
Os viños brancos presentan tons amarelos dourado brillantes, con destacados aromas florais e de froitas, boca lixeira e fresca, de bo potencial aromático e con toques cítricos ao final.
Os viños tintos presentan unha capa media con tons vermellos picota e reberetes violáceos, de estrutura media e paso suave con aromas de froitas vermellas e silvestres cun toque final lixeiramente tánico.

