IXP Faba de Lourenzá
A partir do ano 1960 produciuse un grande incremento da produción de fabas na Mariña Lucense, sobre todo no termo municipal de Vilanova de Lourenzá, alcanzando unha gran calidade, o que fixo que adquirisen un gran recoñecemento nos mercados e entre os consumidores. Así, na actualidade, as fabas desa zona son coñecidas no mercado como “Fabas de Lourenzá”.