Merca Experiencias de Calidade

IXP Pemento de Oímbra

A agricultura foi dende sempre a principal ocupación dos habitantes da comarca de Verín, alentada por un microclima peculiar e pola fertilidade dos seus solos. Os pementos de Oímbra comezaron a cultivarse con técnicas moi arcaicas que pouco a pouco se foron perfeccionando.

As formas de preparación do Pemento de Oímbra son enormemente variadas: fritos, recheos, asados,  guisados, etc. Existe unha enorme tradición entre a poboación na elaboración de conservas caseiras. A receita máis tradicional consiste no envasado dos pementos asados, seguindo un proceso absolutamente artesanal e natural.


Materias primas

Os pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento de Oímbra son os froitos pertencentes ao ecotipo da especie Capsicum annuum, L, cultivado tradicionalmente na zona de produción.

Características do produto

Os froitos colléitanse en verde (estado inmaturo intermedio) para a súa comercialización en fresco. Tamén poden cultivarse maduros (cor vermella), utilizándose neste caso fundamentalmente para a súa transformación en conserva como pementos asados. Só os primeiros son amparados pola indicación xeográfica.

A comercialización do pemento realízase cando este non alcanzou a madurez, sendo as súas características as seguintes:

  • Forma: regular, alongada
  • Peso aproximado: 100-200 g por unidade
  • Lonxitude aproximada: 10-20 cm
  • Anchura na base: entre 6-8 cm
  • Ápice: picudo e redondeado
  • Pel: lisa e brillante, de cor verde clara con tonalidades case amarelas
  • Cata: sabor doce, sen picor debido a ausencia de capsicina e olor de intensidade media

Queres estar á última das experiencias calidade?