Que necesito?
- 800 g IXP Lacón Gallego cocido
- 1.5 kg tomates cereixa de produción ecolóxica Craega
- 1 queixo DOP Cebreiro
- 50g triscos de laranxa Artesanía Alimentaria
- Tomiño de produción ecolóxica
- Romero de produción ecolóxica
Bocado de Lacón Gallego, tomate cereixa de produción ecolóxica, queixo Cebreiro e triscos de laranxa de Artesanía Alimentaria
Cortamos uns 300 gramos de lacón e poñémolo a desalgar. Cocemos e reservamos.
Por outra banda nunha placa de forno estendemos todos os tomates cereixa de produción ecolóxica e colocamos no centro o queixo Cebreiro, salpimentamos e aromatizamos con herbas, neste caso tomiño e romeu de produción ecolóxica.
Metémolo no forno a 200 graos, 15 minutos para que se asen os tomatiños e derreta o queixo Cebreiro. Procedemos a trituralo para conseguir unha salsa cremosa e melosa, e reservamos.
Para a montaxe cortamos en láminas o Lacón Gallego e napamos coa parte resultante do asado dos tomates cereixa e o queixo Cebreiro. Rematamos con triscos de laranxa de Artesanía Alimentaria.