Moderada
30 min.
4 pers.

Que necesito?

Croquetas de Lacón Gallego, queixo Arzúa-Ulloa e o curado, leite de Artesanía Alimentaria, Grelos de Galicia e Pan de Cea

Comezamos a receita picando o Lacón Gallego en anacos moi pequeniños, facemos a mesma operación cos grelos e salteamos tanto o lacón picadiño como os Grelos de Galicia, ata que o grelo evapore toda a sua auga.

Por outro lado arrancamos un bechamel básico con mateiga, deixamos dourar a fariña e ligamos todo con leite de Artesanía Alimentaria. A este bechamel imos engadirlle o queixo Arzúa-Ulloa en anacos e batémolo ata que derreta.

Collemos o miolo do Pan de Cea, picamos e salteamos nunha tixola engadindo queixo Arzúa- Ulloa curado. Deixamos que se cociñe ata que se empece  a derreter.

Para a montaxe deste prato, collemos un recipiente e cubrimos a parte baixa co salteado de Lacón Gallego e Grelos de Galicia, a continuación bañamos co bechamel de queixo Arzúa-Ulloa e rematamos co salteados de migas de pan co queixo Arzua-Ulloa curado. Decoramos o noso gusto.

Queres estar á última das experiencias calidade?