Que necesito?
- 500 g de iogur de Artesanía Alimentaria
- 400 g magret de Artesanía Alimentaria
- 250 g DOP Pementos de Herbón
- 250 g de fariña
- 1 cullerada de IXP Mel de Galicia monofloral
Panciño de iogur con magret de Artesanía Alimentaria, Mel de Galicia e Pemento de Herbón.
Comezamos coa masa do noso “panciño” collendo 250 gramos de fariña, 250 gramos de iogur natural de produción ecolóxica e Artesanía Alimentaria, e un chisquiño de sal.
Mesturamos, amasamos e troceamos en seis partes. Estiramos coa axuda das mans e se é preciso axudámonos dun rolo.
Quentamos unha tixola e marcamos un par de minutos por cada lado a masa resultante. Unha vez dourada, mollamos con aceite, allo e perexil.
Collemos o magret, poñemos a pel cara arriba e facémoslle uns cortes en forma de rombo.
Poñemos a quentar unha tixola, colocamos a pel sobre a tixola sen nada de aceite e deixamos que vaia soltando a súa graxa. Retiramos e deixamos arrefriar dentro da graxa.
Por último, tomamos o Pemento de Herbón, que teremos frescos e tamén encurtido nunha salmoira durante sete días.
Empratamos co pan co allo, aceite e perexil como base. Colocamos por riba o magret de pato de Artesanía Alimentaria laminado, Pemento de Herbón tanto cru como encurtido e rematamos cun pouco de Mel de Galicia monofloral, para darlle ese toquiño doce.