Que necesito?
- Pataca de Galicia (4 uds)
- Mexillón de Galicia (1 lata en escabeche)
- Queixo Arzúa-Ulloa (150 g)
- Leite enteiro (1 vaso)
- Sal
- Manteiga (50 g)
Comezamos lavando ben as patacas ata que estean limpas. A continuación, introducímolas nunha pota cubríndoas totalmente de auga e engadindo un chisco de sal. Deixamos que cozan durante 20 minutos. Transcorrido o tempo, retirámolas e pelámolas.
Nun recipiente mesturamos as patacas coa manteiga, ata conseguir unha masa uniforme. Incorporamos o queixo Arzúa-Ulloa ata ter todo mesturado. Engadir pouco a pouco o leite quente, mentres batemos cunhas varas de montar ata que non queden bolos e gañe volume o puré. Introducimólo na manga pasteleira para darlle a forma que queiramos. Engadimos o Mexillón de Galicia, enriba do puré con Pataca de Galicia y queixo Arzúa-Ulloa recén feito.
Suxestión: Para que o puré quede suave, engadir un pouco máis de leite. Como decoración podemos empregar ceboliño picado.
Enche a túa mesa con etiquetas de calidade
Merca aquí: www.expererienciasdecalidade.gal