Que necesito?
- Pan Galego (6 rebandas)
- Ternera Gallega (300 g de croca fileteada)
- Queixo San Simón da Costa
- Crema de Pemento de Herbón
- Sal en escamas
Cortamos o pan en rebandas e untamólas coa crema de Pemento de Herbón.
A carne córtase aproximando ao tamaño do pan e reservamos.
Nunha tixola, cun chorro de aceite, introducimos a carne e douramos cun sinxelo volta e volta. Unha vez estea feita, colocámola sobre as rebandas de Pan Galego e botámoslle sal en escamas.
Cortamos un anaco de queixo San Simón da Costa e raiámolo sobre a carne. Para rematar, en tempada, poñemos por riba de cada tosta un Pemento de Herbón recén fritido.
Suxestión: É importante que a tixola estea ben quente antes de engadir a carne.