Que necesito?
Como comenta Nacho Costoya a distancia impide apertas pero non sentimentos. Dende o corazón da terra con carne firme e textura fina atopámonos coa Pataca de Galicia, un produto que conta co recoñecemento da Indicación Xeográfica Protexida ao igual que a súa acompañante desta proposta de maridaxe, a Ternera Gallega que nos ofrece o seu punto xugoso, suculento e elegante. Para darlle textura, forma e cor ao prato acompañámolo dunhas verduras de produción ecolóxica certificadas polo CRAEGA. Todo isto acompañado cun viño tinto variedade Mencía da DO Monterrei. Con él volven as lembranzas da nosa infancia con toques de grosella, framboesa, regaliz e chuches. Trátase dun viño fino, elegante que xunto coa carne buscamos unha harmonía entre eles, que non predomine un produto sobre outro. Queremos que ao degustar un bocado deste prato non haxa un produto que esté por riba do outro.
Agardamos que con esta proposta, prato e viño se combinen dun xeito harmónico para satisfacer aos vosos paladares únicos.