Elixiches esta experiencia...
Abadía da Cova

ABADÍA DA COVA

Adegas Moure, S.A.
IX "Orujo de Galicia"

Brillante.

Aroma intenso con carácter.

Herbas de bosque , especiados, frores secas.

En boca balsámico e equilibrado.

Representa a unha pequena familia dedicada durante xeracións a elaborar viños e augardentes no corazón da Ribeira Sacra, nun lugar máxico coñecido como “O Cabo do Mundo”. A adega nace co ánimo de elaborar viños, licores e augardentes coa menor intervención posible, respectando e protexendo o medio. A súa principal meta é manter a autenticidade e tipicidade da materia prima, para que chegue aos consumidores co máximo garante de calidade e orixe. Así, todos os traballos se realizan de forma manual, na procura de produtos auténticos. Implicados na viticultura de precisión, a conservación do territorio e o respecto polos valores culturais da súa contorna.

Atópanos

Enderezo

Avda. Buenos Aires, 12
27540 · Escairón
Lugo

Contacta

Teléfono

982 452 031

Correo Electrónico
abadiadacova@adegasmoure.com

Queres estar á última das experiencias calidade?