Torta de Sarria naceu en maio de 2015 coa idea de ofrecer repostería caseira, saudable e de calidade. Os nosos produtos son elaborados con agarimo, paciencia e ingredientes de primeira calidade, sen aditivos, utilizando materias primas dos produtores da zona sempre que é posible.
Comezamos con catro referencias e hoxe en día contamos con máis de corenta, sempre buscando ofrecer novos produtos e formatos que se adapten á demanda dos consumidores. Ofrecemos opcións veganas, produtos sen azucre e diferentes presentacións en canto a tamaño e materiais de embalaxe.
Os produtos da marca “Torta de Sarria” poden atoparse en tendas especializadas de toda Galicia, en feiras do sector de alimentación e artesanía, na carta de postres de moitos restaurantes da Comarca de Sarria, en detalles de eventos e empresas para datas sinaladas.