ALMENDRADOS caixa de 180g
TORTA DE SARRIA
Rúa Marques de Ugena 48
27600 Sarria, Lugo
626 210836
tortadesarria [at] tortadesarria.gal (tortadesarria[at]tortadesarria[dot]gal)
Ola son Lourdes a persoa detrás de Torta de Sarria. Aindaque a miña vida profesional comezou alexada da pastelería, en 2015 decidin seguir a miña pasión e vocación pola pastelería artesanal e crear Torta de Sarria.
Dende novembro de 2022 Torta de Sarria forma parte da marca Artesanía alimentaria, momento no que obtiven a carta de artesá. Isto foi moi importante para min, xa que pasei a ser oficialmente artesá, algo que sempre sentín porque me gusta moito traballar coas mans.
Os nosos produtos son:
Torta de améndoas e castañas ¨Val de Sarria¨: é unha receita familiar que a miña nai e a miña avoa facían para ocasións especiais, é deses sabores da infancia que levas para sempre, por iso decidín que tiña que ser o protagonista da marca. É unha homenaxe ás mulleres da miña familia.
Os nosos almendrados: é unha receita tradicional, desas que case todos fixemos algunha vez, tamén é un dos meus doces favoritos, así que tiven claro desde o principio que tiña que estar na miña lista de produtos. A diferenza é que a améndoa a deixo en anacos grandes par que o tostala lle dea máis sabor.
Os Estrelamp@s: a nosa filla Xulia ten un coello ¨rex de pelo curto¨ branco e negro chamado Estrelampo, levaba tempo pedíndome que fixese unha galleta bicolor inspirada nel e así naceron estas galletas. Por suposto o deseño da etiqueta é de Xulia!!!
Do taller salen tres líneas de produtos: recetas tradicionáis como amendoados, cocos, mazapán, elaborados con receitas tradicionáis.
Recetas innovadoras: veganiñas (galleta vegana), berveniñas (de herbaluisa), amendoas sin azucre, entrelamp@s, todos eles elaborados con receitas propias que son froito da investigación de estes anos.
Receita familiar: Torta de améndoas e castañas Val de Sarria.
Rúa Marques de Ugena 48
27600 Sarria, Lugo