
ÁNADES GALICIA confit de zancos
ÁNADES GALICIA S.L.
2 zancos (contramuslos) de pato confitados na súa propia manteiga cun pouco de allo e sal (para 2 persoas). A nosa recomendación para a súa degustación é baleirar o contido da lata nunha pota ou fonte de forno, para quentar en cociña ou forno, respectivamente, e acompañar da guarnición desexada. A manteiga que acompaña as pezas pódese aproveitar para cociñar as devanditas guarnicións (patacas fritas, mazás salteadas, cogomelos, xudías verdes…), e pódese conservar refrixerada para elaboracións posteriores. Unha vez aberto, pódese conservar uns días en refrixeración.