Elixiches esta experiencia...
Arquesán

ARQUESÁN

Agro Despensa S.L.
DOP Queixo Tetilla

Arquesán é un queixo elaborado de xeito tradicional con leite enteiro de vaca pasteurizado. Nel atopamos orixe, sabor a leite e manteiga, textura lene e fundente, cunha acidez xusta que o fai fácil de comer e cun agradable regusto que nos tenta a repetir un bocado máis.

Agro Despensa bebe dunha tradición familiar que se remonta á época na que as reses eran unha ferramenta de traballo e a produción de queixos se limitaba a unha ou dúas pezas diarias. Co paso dos anos, instalaron un pequeno obradoiro para a produción dos seus queixos, cuxo proceso de elaboración é herdeiro dun saber facer familiar que se vai transmitindo xeración tras xeración, mellorando co avance do coñecemento para ofrecer a calidade e a seguridade esixida polo consumidor actual.

Atópanos

Enderezo

Murgás, 4 · Turces
15824 · Touro
A Coruña

Contacta

Teléfono

981 518 633

Correo Electrónico
queixosarquesan@gmail.com

Queres estar á última das experiencias calidade?