Elixiches esta experiencia...
Bancales Moral

Bancales Moral

Bodega Roandi, S.L.
DO Valdeorras

Limpo e brillante, de capa moi alta. Cor vermella cereixa e reberete morado.

Complexo en nariz, moi varietal. Destacan os froitos vermellos, cereixas, grosellas e notas exóticas achegadas pola crianza en madeiras nobres.

Resulta equilibrado, redondo, prevalecendo a froita e a profundidade que lle aporta a madeira.

Maridaxe: Carnes vermellas, carnes en salsa e polbo

Bodega Roandi representa na actualidade a cuarta xeración de viticultores da familia Moral quen, con moito agarimo e esforzo, cultivou os viñedos que foron pasando de pais a fillos, sen perder o amor pola terra e polo traballo ben feito. Bodega Roandi comeza a súa andaina no ano 2008, entrou na Denominación de Orixe Valdeorras e elaborou no ano 2009 a súa primeira colleita con dúas únicas marcas no mercado: un branco monovarietal de godello e un tinto de carballo. Dende entón foi medrando en plantacións de viñedo e en número de marcas comerciais, elaborando os seus viños mediante métodos tradicionais, buscando a máxima expresividade das uvas. Destaca ademais por crear o primeiro espumoso de godello amparado pola Denominación de Orixe Valdeorras.

Atópanos

Enderezo

O Lagar · Éntoma
32336 · O Barco de Valdeorras
Ourense

Contacta

Teléfono

988335198-638889437

Correo Electrónico
info@bodegaroandi.com

Queres estar á última das experiencias calidade?