Que necesito?
Proposta de Nacho Costoya na que nos comparte un prato elaborado con dous produtos con Indicación Xeográfica protexida, a Faba de Lourenzá e Grelos de Galicia. Coa incorporación dos berberechos temos un prato no que compaxinamos terra e mar, ese vínculo e binomio galego tan singular acompañado por un viño blanco elaborado coa variedade godello da DO Valdeorras.
Unha combinación chea de sensacións organolépticas onde poderemos atopar a textura, a finura e elegancia da Faba de Lourenzá;, o toque lixeiramente amargo do grelo cun compoñente nutricional e de saúde coa aportación iodada e mariña do berberecho.
É importante resaltar que cando abordamos harmonías, alianzas, acordos ou discrepancias, o viño vainos aportar esa singularidade da terra, do clima, da variedade e da elaboración. Neste caso un viño do ano, fresco, suave, amable. A variedade godello é suntuosa e graxa o que nos axudará a compartir o prato, a potencialo e ao mesmo tempo a desfrutalo sen pesadez.
Agardamos que esta maridaxe sexa do voso agrado.