Elixiches esta experiencia...
Casa Moreiras

Casa Moreiras

Casa Moreiras SL
DO Ribeira Sacra

7,35€

Cor vermella cereixa con reberete violáceo característico das cepas vellas de Mencía.

Aromas potentes con reminiscencias a framboesas, grosellas, froitas do bosque, froita madura e un toque floral de fondo.

Capa media-alta con corpo notable no seu paso por boca. Fresco, equilibrado, longo e complexo.

Maridaxe: Perfecto con carnes de caza, carnes vermellas, queixos e embutidos

Segunda xeración dunha adega pioneira da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, cunha longa historia e arraigo xeracional. O proxecto vitivinícola de Casa Moreiras nace co afán emprendedor e o amor pola terra de D. Manuel Vázquez no pobo de Goián. Esta paixón nacida a finais dos 80 e a principios dos 90, pasou a converterse nunha actividade profesional cando se comezan a plantar viñedos en Sios, acondicionar e restaurar a antiga adega semienterrada Casa Moreiras, datada de 1692 e propiedade de D.ª Felisa, nai da actual xeración. O nome da adega fai referencia aos devanceiros da casa e, concretamente, por D. Constantino Rodríguez Moreiras, quen a ampliou e concentrou as parcelas próximas, así como o terreo onde se sitúa o edificio da adega. Sen dúbida, unha das máis singulares de todo o panorama vitivinícola nacional.

Atópanos

Enderezo

San Martiño de Siós, s/n
27430 · Pantón
Lugo

Coordenadas

Contacta

Teléfono

680545830-630281828

Correo Electrónico
bodega@casamoreiras.com

Queres estar á última das experiencias calidade?