Que necesito?
- 1,6 kg de xarrete de Ternera Gallega
- 2 cebolas picadas
- 1 cenoria
- 1 porro
- 4 dentes de allo
- 1,5 l caldo de tenreira
- 0.5 l viño Mencía DO Ribeira Sacra
- 1 cullerada de fariña
- sal
- pementa
Para a gornición:
- 2 mazás verdes
- 1 cullerada de manteiga
- 12 castañas (IXP Castaña de Galicia) en almibre lixeiro
- 1 cullerada de azucre moreno
Salpementar os anacos de xarrete e douralos nunha tixola ampla con aceite. Retirar e, na mesma tixola, engadir as verduras picadas: primeiro cebola e cenoria, refogar ata que estean douradas. Engadir o allo ben picado e o porro, cociñar 2-3 minutos. Incorporar a fariña, remover ben, verter o viño e deixalo reducir ata a metade.
Pasar o conxunto a unha pota un pouco máis alta, introducir a carne e cubrir co caldo de tenreira. Ferver suavemente, tapado de 1h-30 minutos a 2h, ata que a carne estea ben tenra.
Retirar a carne e cortala en porcións, coar o zume de cocción e reducilo ata que teña consistencia espesa de salsa, probar e rectificar de sazón.
Para a gornición, saltear a mazá cortada en dados nunha tixola cun pouco de manteiga. Cando estea dourada, engadir o azucre e as castañas.
Presentación: servir o xarrete co salteado de mazás e un fío de salsa ben reducida.