Que necesito?
Xarrete da IXP Boi Galego
IXP Pataca de Galicia
Viño tinto DO Ribeira Sacra
Boi Galego de 8 anos de idade estofado. Empregarase o corte do xarrete porque é unha carne moi xugosa. Estofamos, deshuesamos e presentámolo co xugo da carne e unha crema de Pataca de Galicia. Para maridar con este prato elíxese un viño tinto DO Ribeira Sacra. Neste caso optouse por un viño da subzona de Amandi, un Ribeira Sacra elaborado con uva mencía e con crianza de 24 meses en barrica de roble francés. Unha produción limitada de “Don Bernardino. Finca Mezquita”, premiado co Acio de Bronce na categoría viños de elaboracións con madeira tintos nas Catas de Galicia 2021. Viño con aromas de froitos vermellos e froitos silvestres cun toque avainillado resultado do seu paso por madeira. En boca presenta unha boa persistencia e estrutura que conxuga perfectamente co preparado de xarrete de boi.
O prato elaborado con boi vai ter estrutura e corpo, polo que necesitamos un viño con esas mesmas cualidades, para que harmonicen e non predomine nin o viño nin o prato no momento da degustación conxunta.