Elixiches esta experiencia...
Castro de Lobarzán
DO Monterrei
Cor vermella cereixa, de capa media-alta. Limpo.
Aroma de intensidade media, con predominio marcado dos froitos vermellos, sobre un fondo floral e mineral. Complexo e elegante.
Entrada fresca en boca, con recordos a froitos vermellos. Corpulento e con certa estrutura. Persistencia alta.
Maridaxe: marida con carnes vermellas á brasa ou tamén con certos embutidos.