Elixiches esta experiencia...
Caurelor

CAURELOR marmelada de arandos

CASTAÑAS CAURELOR SL
Artesanía Alimentaria

4,00€

É a marmelada por excelencia. Trátase de arandos silvestres colleitados nos soutos centenarios de Santa Eufemia do Courel. O seu sabor é único e inconfundible con outro tipo de marmelada.

A nosa filosofía é facer os produtos de forma artesá seguindo as receitas e costumes do lugar, continuando o legado dos nosos antepasados. Ao tratarse dun lugar virxe practicamente tentamos recuperar os sabores da nenez. O Caurel é unha serra coñecida polas súas riquezas naturais, os seus castiñeiros e bosques ancestrais ademais da súa cultura única.

VIVIR UNHA EXPERIENCIA CAURELOR

Caurelor

Visitas programadas :


1- Chegada a O Caurel (Santa Eufemia) ás 11:00h. En Santa Eufemia dáse un pequeno paseo polos castiñeiros e aí comentamos a historia de Caurelor e a recoleccion dos froitos silvestres facendo especial mención ás castañas. 
2-Baixada para Quiroga (12:00h) onde se atopa o noso obradoiro artesán. Chegamos a Espandariz e damos un pequeno paseo de 300m, para chegar ao obradoiro.
3- Xa no obradoiro (12:40h), ensínanse as instalacións e explícase a elaboración das marmeladas artesanalmente. 
4- O lado do obradoiro temos un pequeno almacén-tenda onde se dan a degustar os produtos (13.00h). 
 

Ponlles cara

Daniel y Verónica

Atópanos

Enderezo

Espandariz s/n
27320 Quiroga
Lugo

Coordenadas

Contacta

Teléfono

675 930 164

Correo Electrónico
info@caurelor.com

Queres estar á última das experiencias calidade?