DANIEL e VERÓNICA

Caurelor é un empresa fundada por Daniel e Verónica, uns namorados da súa terra.

Dedícanse á manufactura de produtos naturais; como produto estrela, a castaña.
Son castañas , recollidas a man e manufacturadas de forma artesanal seguindo un proceso único e ancestral.
As castañas son conservadas en area ata o momento da súa elaboración, isto confírelles unha lixeira deshidratación conseguindo un intenso sabor.
Todos os nosos produtos son elaborados seguindo receitas antigas de O Caurel, conservando así un pouco da nosa tradición.

A nosa aposta pola castaña dos soutos centenarios, non é novo, xa que ata non hai moitas décadas era o alimento básico de persoas e animais ao tratarse dun alimento moi nutritivo e abundante no Caurel.
Elaboramos os nosos produtos mesturando tradición e cultura herdada da xente da nosa terra.

Caurelor
Os nosos PRODUTOS

Todos os produtos de Caurelor son elaborados dunha maneira artesanal, seguindo un proceso único. Só se utiliza a maquinaria estritamente necesaria e o proceso é practicamente manual sen ningún tipo de conservante nin insecticidas.
Tratamos de respectar ao máximo o marabilloso medio que nos rodea e usar técnicas de elaboración ancestrais, dando lugar a produtos únicos cun sabor inconfundible pola súa natureza e preparación exquisita.
A pegada de carbono do produto, calculada por Fademur, é tan só de 230g de CO2 por tarro de conserva; o que o converte nun produto estrela ambiental.

 

Caurelor
O noso OBRADOIRO

En Caurelor ofértanse marmeladas con baixos niveis de azucre e sen azucre de arandos silvestres, amoras silvestres, cereixas, uvas, cabaza, figos, pexego, ameixas, froitos vermellos...
Tamén contamos con produtos elaborados con castañas como crema de castañas, marmelada de castaña, castañas en almíbar, castañas cocidas, crúas e preparado para cocido (castañas, chourizo e touciño entrefebrado).
Tamén elaboramos zumes naturais de cereixas, arandos e amoras silvestres.

Atópanos

Enderezo

Espandariz s/n
27320 Quiroga
Lugo

Coordenadas
42.4713239, -7.3000923

Queres estar á última das experiencias calidade?