Elixiches esta experiencia...
cithara
cithara
cithara
cithara

Cithara

Airas Moniz
Artesanía Alimentaria

Queixo de pasta semicocida prensada, de cor amarela intensa e sabor elegante.

 

De textura suave e persistente no tempo, a súa maduración oscila entre un e dous anos, dependendo do seu tamaño. Trátase dunha creación exclusiva, elaborada unicamente para un restaurante estrela Michelin.

 

Só pode degustarse no propio restaurante ou durante as nosas visitas, como parte dunha experiencia pensada para quen busca algo irrepetible.

Airas Moniz é unha queixaría artesanal situada en Chantada, no corazón da Ribeira Sacra do Miño, nacida da transformación dunha antiga granxa intensiva nun proxecto sostible e con valor engadido. Traballa con vacas Xersei en pastoreo e leite crúa, apostando pola elaboración de queixos e manteiga de alta calidade.
Está recoñecida co selo de Artesanía Alimentaria e combina tradición, innovación e respecto pola terra. Os seus produtos reflicten a paisaxe, o coidado animal e o saber facer local. A empresa desenvolve unha produción limitada e moi coidada, centrada na identidade de cada elaboración.
Ademais, abre as súas portas a visitas e experiencias que permiten coñecer todo o proceso e o territorio no que nace..

VIVIR UNHA EXPERIENCIA AIRAS MONIZ

Airas Moniz

En Airas Moniz encántanos compartir con todo o mundo o que facemos. Por iso, unha das actividades que organizamos son as visitas á queixería e á granxa, nas que se presenta o proxecto e se percorren as distintas cámaras de elaboración e maduración, así como os espazos onde viven os animais. E rematamos cunha degustacion dunha selección dos nosos queixos e manteiga, acompañados dun viño da Ribeira Sacra do Miño. 


Tamén, previa petición e valoración, podemos deseñar experiencias queixeiras personalizadas, pensadas a medida de cada grupo ou visitante. Propostas nas que o tempo se detén entre aromas, texturas e paisaxe, e nas que se pode mergullar máis a fondo no noso xeito de entender o queixo, os animais e a terra.


Son experiencias coidadas ao detalle, onde se combinan visita, coñecemento e degustación, para que cada persoa leve consigo non só o sabor dos nosos produtos, senón tamén unha lembranza viva do lugar onde nacen.

Ponlles cara

susoricardoana

Atópanos

Enderezo

LUGAR DE OUTEIRO SAN SALVADOR DE ASMA.
27519 CHANTADA
LUGO

Contacta

Teléfono

629 716 668

Correo Electrónico
INFO@AIRASMONIZ.COM

Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp