Airas Moniz

Ana, Ricardo e Suso

Airas Moniz nace no corazón de Galicia, da man de Ana, Ricardo e Xesús, unidos pola vontade de apostar polo rural como forma de vida e de futuro. Entre prados verdes e tradición gandeira, decidimos transformar unha explotación intensiva de referencia en Galicia, centrada na raza Holstein e na alta produtividade, nun novo proxecto baseado na raza Jersey e no sistema de pastoreo.


A reconversión supuxo un cambio profundo, pasando dun modelo orientado ao volume de leite a outro enfocado na elaboración de queixo de leite cru con maior valor engadido. Foron necesarios seis anos de traballo, aprendizaxe e adaptacións técnicas para facer realidade esta idea e garantir a viabilidade do proxecto.


Inspirados polo trobador Airas Moniz, queremos levar a nosa propia voz á Ribeira Sacra do Miño, combinando tradición, paisaxe e innovación para contribuír a un medio rural vivo, con orgullo e con futuro.

Produtos
A nosa queixería

A queixaría está situada en Chantada, no corazón da Ribeira Sacra do Miño, nunha antiga palleira rehabilitada na Casa do Outeiro, a escasos quilómetros da vila.


Trátase dun espazo de produción artesanal recoñecido co selo da IXP Artesanía Alimentaria, no que se combina o saber facer tradicional co control técnico e o máximo coidado do proceso. Está pensado para respectar os tempos naturais de cada elaboración e garantir a identidade de cada produto.


Conta cunha sala de produción con cubas de elaboración, unha sala de oreo e varias cámaras de maduración nas que os queixos evolucionan en condicións controladas de temperatura e humidade, recreando ambientes similares a covas naturais.


Máis aló da parte produtiva, a queixaría é tamén un espazo de divulgación e experiencia, onde se pode comprender todo o proceso, desde o leite das vacas Xersei en pastoreo ata o afinado final dos queixos, nunha contorna privilexiada da Ribeira Sacra.

Queixería Airas Moniz
VOS NOSOS PRODUTOS

En Airas Moniz elaboramos produtos artesanais a partir de leite cru de vaca Xersei en pastoreo, cunha identidade moi ligada á terra e á Ribeira Sacra.

TERRA de Airas Moniz é un queixo de pasta branda e cortiza natural comestible, intenso e moi expresivo, elaborado con leite cru e madurado en condicións de alta humidade que lle achegan unha personalidade propia.

SAVEL de Airas Moniz é un queixo azul de textura untuosa e sabor elegante, coñecido polo seu intenso aroma e as súas notas manteigosas. É un dos queixos máis premiados da queixaría.

CITHARA de Airas Moniz é un queixo de pasta prensada semicocida, afinado en cava de maduración, cun perfil máis complexo e notas a froitos secos e silvestres.

CHANTADA de Airas Moniz é unha manteiga elaborada con nata madurada, de cor amarela natural, aroma intenso e textura cremosa, resultado directo da calidade do leite e dos pastos.

Atópanos

Enderezo

LUGAR DE OUTEIRO SAN SALVADOR DE ASMA.
27519 CHANTADA
LUGO


Queres estar á última das experiencias calidade?

whatsapp whatsapp