Elixiches esta experiencia...
Domus Roandi

Domus Roandi

Bodega Roandi, S.L.
DO Valdeorras

Cor púrpura intensa con reberetes violáceos e capa media. Ton brillante e limpo.

Complexo, moi varietal. Intensidade media. Aromas a vainilla e tostados, froitos vermellos maduros e achegas florais.

Moi equilibrado, redondo e sedoso. Prevalece a froita madura e as notas exóticas achegadas pola crianza en madeiras nobres.

Maridaxe: Gran compañeiro de aperitivos —queixos, embutidos—, así como de carnes vermellas.

Bodega Roandi representa na actualidade a cuarta xeración de viticultores da familia Moral quen, con moito agarimo e esforzo, cultivou os viñedos que foron pasando de pais a fillos, sen perder o amor pola terra e polo traballo ben feito. Bodega Roandi comeza a súa andaina no ano 2008, entrou na Denominación de Orixe Valdeorras e elaborou no ano 2009 a súa primeira colleita con dúas únicas marcas no mercado: un branco monovarietal de godello e un tinto de carballo. Dende entón foi medrando en plantacións de viñedo e en número de marcas comerciais, elaborando os seus viños mediante métodos tradicionais, buscando a máxima expresividade das uvas. Destaca ademais por crear o primeiro espumoso de godello amparado pola Denominación de Orixe Valdeorras.

Atópanos

Enderezo

O Lagar · Éntoma
32336 · O Barco de Valdeorras
Ourense

Contacta

Teléfono

988335198-638889437

Correo Electrónico
info@bodegaroandi.com

Queres estar á última das experiencias calidade?