Elixiches esta experiencia...
ESTRELAMP@S 125G
TORTA DE SARRIA
Artesanía Alimentaria
Galletas bicolor inspiradas nun moneco da nosa filla Xulia. Ela ten un coello ¨rex de pelo corto¨ branco e negro chamado Estrelampo, levaba tempo pedíndome que fixera unha galleta de dúas cores inspirada nel e así naceron estas galletas. O deseño da etiqueta é de Xulia!. Galletas artesás e naturais elaboradas con mimo e con fariña de trigo, manteiga, zucre moreno, ovo, cacao puro, vainilla e sal.

