La Despensa D Lujo®, S.L. é unha empresa galega fundada no ano 2022, por Lucía e Jose, con sede en Carballo e Erbecedo, no concello de Coristanco (A Coruña). O proxecto ten a súa orixe nunha explotación agraria tradicional galega, vinculada historicamente ao rural de subsistencia, na que a produción alimentaria estaba directamente relacionada co aproveitamento responsable da terra e cos ciclos naturais.
A actividade da empresa céntrase na produción e posta en valor de materias primas de alta calidade, procedentes de cultivos propios. La Despensa D Lujo® aposta por variedades seleccionadas polo seu valor gastronómico, o seu comportamento en cociña e a súa adaptación ao territorio, aplicando criterios de calidade, trazabilidade e respecto polo medio.
Os procesos produtivos desenvólvense cunha intervención mínima, co obxectivo de preservar as características naturais, organolépticas e nutricionais dos produtos. A empresa orienta a súa produción tanto ao consumidor final como ao sector da restauración profesional, especialmente á alta cociña, ofrecendo alimentos cunha forte vinculación á súa orixe e á identidade do rural galego.