Elixiches esta experiencia...
LAGAR DE CERVERA

LAGAR DE CERVERA

Lagar de Fornelos, S.A.
IX "Orujo de Galicia"

De cor cristalina.
Sobresae a súa potencia en nariz, onde se aprecian aromas balsámicos e de
froita confeitada.
A súa forza e alto contido alcohólico son matizados pola suavidade da glicerina
e doutros alcohois superiores, destacando a súa dozura, carnosidade e longura.
Idónea en calquera sobremesa.

Seguindo a tradición da zona, Lagar de Fornelos, S.A. comezou a destilar o seu propio bagazo en 1993. Este espirituoso provén da dobre destilación das peles e pebidas da uva Albariño que quedan despois de extraer o viño. A uva Albariño, que dá viños caracterizados pola súa riqueza en aromas florais, non podía ser menos que os seus bagazos. O seu alto contido alcohólico, 45º concretamente, queda dalgunha maneira moderado na cata pola suavidade que lle achegan a glicerina e outros alcohois superiores.

Atópanos

Enderezo

Estrada de Lourenza, 86
36770 · O Rosal · Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

986 625 875

Correo Electrónico
lagar@riojalta.com

Queres estar á última das experiencias calidade?