Elixiches esta experiencia...
LAGAR DO CIGUR 2015
Adega Melillas e Fillos, SL
DO Valdeorras
Cuberto cunha capa alta de cor vermella picota. Limpo e brillante.
En nariz resulta intenso, complexo e profundo, con notas moi marcadas a
terreño. Presenta nítidos aromas a froitos vermellos maduros con elegantes toques especiados
e cun fondo de pétalos de rosa, talco e minerais.
Potente en boca, cunha excelente estrutura. Intenso, complexo, saboroso e de
longuísimo recordo no padal.
Harmonía: Cordeiro, aves, tenreira e carne de caza -cervo, veado e xabaril-.