Elixiches esta experiencia...
LOIRA

Loira cervexa galega artesá Lager (sen gluten) 12 uds.

MENDUIÑA
Artesanía Alimentaria

30,00€

Clara e brillante, a súa viva efervescencia xera unha suntuosa e branca coroa de escuma. Refrescante, suave e redonda en boca, sutil amargor con final seco. Marabillosa como cervexa de sesión.

Perfecta para acompañar sushi, queixos suaves, encurtidos e carnes brancas.

Menduiña, pioneira e precursora desta revolución en Galicia, ten a súa orixe na Patagonia Arxentina, en 2002, cando tras ter emigrado por traballo, o fundador desta microcervexeira descubre a cervexa artesá, quedando namorado dela de por vida. Ao voltar á súa Galicia natal, decide vivir de elaborar esta arte líquida que durante séculos conqueríu ao ser humano e transformou a súa cultura.
Dende a creación de Menduiña en 2008 en Cangas do Morrazo, apostamos polo concepto “craft”, elaboración tradicional de cervexa con carácter propio, produto “made in Galicia”.

Ponlles cara

Alberte e Valeria

Atópanos

Enderezo

Estrada de Darbo, 16
36949 Cangas
Pontevedra

Coordenadas

Contacta

Teléfono

986 303233

Correo Electrónico
info@menduina.eu

Queres estar á última das experiencias calidade?