ALBERTE e VALERIA

Menduiña, pioneira en Galicia, representa tradición, innovación e autenticidade. Fundada en 2008 por Alberte Fernández e Valeria Efftimoff, de carácter familiar e froito das experiencias da emigración, é a microcervexeira galega máis premiada. Elabora cervexa artesá totalmente natural, seguindo o calendario lunar, con pequenas producións moi coidadas, ofrecendo unha variada gama de estilos para todos os gustos, todas veganas e algunhas delas sen glute.

Menduiña
OS MEUS PRODUTOS

A nosa cervexa naceu para ser libre e independente. Creamos cervexas de sabor intenso que transmiten emocións e sorprenden. Teñen personalidade, reflicten a nosa filosofía de conxugar tradición e innovación con liberdade e independencia. Somos unha marca con orgullo galego, un pouco rebelde, sen complexos e auténtica. É o noso xeito de sermos.

Menduiña desconcerta, sorprende e invítate a ver as cousas dende unha perspectiva positiva. Disfruta da vida, como dunha boa cervexa, do seu sabor e o seu aroma. Unha experiencia única, como cada unha das nosas receitas, porque a Revolución da Craft Beer viu para se quedar.

Menduiña
O MEU OBRADOR

No noso proceso produtivo, tradicional e artesanal, guiámosnos pola observación dos ciclos naturais, traballando a favor da natureza, tratándose dun produto totalmente natural, que elaboramos seguindo o calendario lunar, respectando os seus tempos, con fermentacións lentas, pequenas producións, tempo extra de garda en frío e segunda fermentación na botella para conseguir unha carbonatación natural. Por esta razón só empregamos botellas de vidrio e evitamos as latas, sendo cada vez menos os produtores que apostamos pola refermentación na botella.

Atópanos

Enderezo

Estrada de Darbo, 16
36949 Cangas
Pontevedra

Coordenadas
42.2562966, -8.8025706

Queres estar á última das experiencias calidade?