Elixiches esta experiencia...
MEL O TESTEIRO
María Munín Taboada
IXP Mel de Galicia
Mel de castiñeiro en estado líquido de cor ámbar, con moita fluidez. Preséntase moi aromático en nariz, con notas florais e afroitadas de elevada intensidade. En boca destaca a persistencia do sabor ácido, deixando un retrogusto especiado con recordos a canela.