Aboamigalla integra procesos de trazabilidade e control de calidade en todas as fases da produción, desde a selección de fariñas ata a cocción final. Ademais, o obradoiro emprega sistemas de recuperación térmica da calor residual dos fornos, reducindo o consumo enerxético e mellorando a eficiencia do proceso produtivo sen alterar os métodos artesanais tradicionais.